Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2022

NOVELA HÍBRIDA QUE FAI PENSAR

Imaxe
  Cornucopia Raul M Santos Editorial Galaxia, Vigo, 2022, 184 páxinas           Un novo debut na narrativa galega dun escritor descoñecido. Unha estrea galardoada ademais cun dos premio máis prestixiosos de Galicia. O Torrente Ballester 2021, na modalidade de lingua galega. Refírome a Cornucopia de Raúl M. Santos (Axeitos, Ribeira, 1976), froito dun longo proceso de elaboración que finalmente colleu forma,viu luz e, polo que semella, convenceu ao xurado. A novela non vai dirixida a ningún público particular, senón a quen queira deleitarse coa historia que encerra. E para iso o autor convídanos a ler.       Na miña estima, Cornucopia é unha novela moi distinta do que acostumamos a ler na narrativa de noso. Un texto híbrido, e por iso mesmo arriscado, pero moi potente e ateigado de refachos de ironía, unha ferramenta que Raúl M. Santos manexa á vez con naturalidade e habilidade. Unha novela a primeira vista extremadamente rexou...

UN TECIDO DE LEMBRANZAS

Imaxe
  A luz co tempo dentro Xesús Rábade Paredes Editorial Galaxia, Vigo, 2022, 144 páxinas             Xesús Rábade Paredes é u autor de dilatada traxectoria que se singularizou no anos 1977 por subscribir o manifesto poético renovador Cravo fondo. Arestora, agasállanos cun texto que pode lerse a xeito dunha recompilación de memorias da su existencia, entretecidas con certas doses de ficción.       Un libro pois moi persoal dunha persoa que fixo de todo: carteiro, emigrante en Suíza, profesor e escritor multixénero que cultiva a narrativa, a lírica o ensaio e a tradución. Escritor contracorrente, afastado de modas e oportunismos, cunha opción irrenunciable pola lingua.       Achéganos agora a recuperación das vivencias da infancia de neno labrego nas estadías de Sistallo. Un mapa existencial, xerme das súas arelas de crear e recrearse, os primeiros amores, o combate contra a Ditadura e sobre todo reverse no...

O UNIVERSO DOS ANCARES

Imaxe
Nunha brancura de cella ANCARES Emilio Araúxo Editorial Toxosoutos, Noia, 2022, 207 páxinas             Unha saudación para este novo agasallo e unha benvida a este libro de Emilio Araúxo, ese home de cultura prolífica e ao mesmo tempo discreto. Porque Emilio Araúxo é unha desas presenzas silandeiras, unha voz que traballou desde sempre, exhibindo unha fidelidade insubornable   ás crenzas éticas e estéticas que hoxe, por veces, semellan invisibles.       Emilio Araúxo leva creando   unha ampla obra artística en moitos eidos da cultura galega: poeta, narrador, editor, etnógrafo, tradutor, mitógrafo e un eximio fotógrafo que ten inmortalizado   fitos moi importantes da cultura de noso: o entroido galego e ese macrocosmos de tempos pretéritos da nosa labranza.       Hoxe volve   agasallarnos coa súa particular incursión e visión dos Ancares, nun libro metade texto escrito, metade reproducións ...