Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2023

OS SEGREDOS DAS RELACIÓNS AMOROSAS

Imaxe
O que queda de nós Marina Mayoral Editorial Galaxia, Vigo, 2023, 282 páxinas.        Marina Mayoral (Mondoñedo 1942) é unha autora consolidada no eido da narrativa, tanto en castelán como en galego. No seu haber podemos achar unha obra narrativa de gran valor literario que se inaugura no ano 1979 con Cándida otra vez, e polo de agora, remata con La única mujer en el mundo (2019). Estudosa ademais de Emilia Pardo Bazán e de Rosalía de Castro, á que lle dedicou un ensaio en 1974 que foi posiblemente o se debut na escrita. Editorial Galaxia ofrece xuntas arestora   Unha árbore, un adeus (1988) e Ao pé do magnolio (2004). Nun amplo limiar a autora expón a orixe da escrita da primeira novela. Unha pantasma literaria xurdida nas vacacións de verán ao ver unha parella de veraneantes nórdicos cos seus fillos da mesma idade: un neno branco e louro e unha meniña negra coma o carbón. Ao pé do magnolio xurdiulle de vez porque os personaxes Laura e Paco deman...