Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2023

TROPAS CELESTIAIS E INFERNAIS

Imaxe
A estirpe do Arcanxo                    Nati Rey Aira Editortial, Allariz, 2023, 215 páxinas.            Debuta na narrativa de formato longo Nati Rey (Rianxo, 1988). Mais non é unha neófita na escrita de noso pois é autora de artigos, algún de investigación etnográfica, e de relatos publicados en revistas como Barbantía , ou en libros de autoría compartida. Pero, como digo, A estirpe do arcanxo é a súa primeira novela, unha novela, en aparencia xuvenil, de fantasía cuxa temática e personaxes forman parte da literatura fantástica galega: unha amalgama da mitoloxía de noso cunha historia de demos e anxos caídos. Confesa a autora que se documentou visitando a igrexa de San Martín Pinario que é a que máis anxos ten en toda Europa. Tirou asemade información da casa de Vicente Risco, xa que o polifacético intelectual, un dos cabezaleiros da Xeración Nós, semp...

O FÚTBOL PERMANECE

Imaxe
 O libro do fútbol Varios autores Editorial Galaxia, Vigo, 2023, 164 páxinas           Nun tempo de pasaxe e mudanza no que o fútbol segue a ser o único e grande episodio incombustible, tal como lembra o dito de Camilo Franco: “O tempo pasa, pero o fútbol permanece en formas infinitas”, no se deixaba entender que o xogo do balompé no tivese tirado do maxín dos escritores galegos. A miña acordanza lembra, porén, dúas pezas narrativas   que centran a súa trama argumental nas lideiras e lindezas do futbol da autoria de Vázquez Pintor e Xurxo Sierra. Arestora unha desas formas infinitas de permanencia do fútbol na nosa cultura é esta colección de relatos na que once plumas da literatura de noso (Pedro Feijóo, Mercedes Cobillon, Xosé Ramón Pena, Alberto Avendaño, Elena Gallego Abad, Ana Abad Larriva, Rexina Vega, Xosé A Perozo, Ernesto Is, Cristina Pato e Afonso Becerra de Becerreá)   nos acercan ao fútbol con cadanseu relato de tamaño con...