TROPAS CELESTIAIS E INFERNAIS

A estirpe do Arcanxo Nati Rey Aira Editortial, Allariz, 2023, 215 páxinas. Debuta na narrativa de formato longo Nati Rey (Rianxo, 1988). Mais non é unha neófita na escrita de noso pois é autora de artigos, algún de investigación etnográfica, e de relatos publicados en revistas como Barbantía , ou en libros de autoría compartida. Pero, como digo, A estirpe do arcanxo é a súa primeira novela, unha novela, en aparencia xuvenil, de fantasía cuxa temática e personaxes forman parte da literatura fantástica galega: unha amalgama da mitoloxía de noso cunha historia de demos e anxos caídos. Confesa a autora que se documentou visitando a igrexa de San Martín Pinario que é a que máis anxos ten en toda Europa. Tirou asemade información da casa de Vicente Risco, xa que o polifacético intelectual, un dos cabezaleiros da Xeración Nós, semp...